Xoves 2
Outubro 2014.
Hora de
comezo: 20:15
Hora de
remate: 22 horas
Acuden
arredor de cen persoas ao Carvallho Calero.
Na mesa
4 persoas, dous homes e dúas mulleres, que fan as labores de introducción, toma
de acta e moderación, os cales se prestaron voluntarios/as para a labor.
Establécese
que soamente haberá dous puntos de orde do día:
1)
Valoración do que os cidadáns esperan da Marea.
2)
Conclusións organizativas
Punto1)
Ábrense turnos de palabras e a cidadanía presente vai expresando
as súas ideas. A continuación amósanse
unha pequena síntese do falado na asamblea as diferentes persoas:
- Necesidade de que os cidadáns teñan a palabra á hora de tomar
decisións na nosa cidade.
- En torno ás eleccións municipais, necesítase unha maioría social
traballando para unha representación real. Necesidade de derrocar ao PP.
Vencer ao despilfarro e ao enchufismo. Necesidade de politizar
este movemento e mostrar unha aparición forte e pensamento cara a sociedade.
-Necesidade de aprcar o derrotismo que persegue a Ferrol e
involucrar a toda a cidadanía neste proxecto.
- Escoitar os problemas da cidadanía que nos atoparemos nesta
Asamblea.
- Xurde a dúbida si é unha asamblea comarcal e se aclara que é
local, pois noutras localidades xa se están a poñer en marchas outras mareas.
- Analizar a realidade da falta de involucracrión neste tipo de
movementos políticos da xuventude.
- Asamblea cidadá, limitacións nos mandatos, participación
horizontal.
- 30 anos de estancamento en Ferrol. Tarefas de traballo nos
barrios. Taballar para a cidadanía.
- Falta de expectativas polo desmantelamento do Sector Naval
- Salir á rúa e escoitar á xente.
- Enfado xeneralizado da poboación cara a política. Hai que mudalo
presentando alternativas reais, pedir responsabiliadades e transparencia.
- Patear a rúa para ser activistas sociais. Crear unha fronte
popular.
-Crear grupos de traballo na asamblea.
Neste momento, entrégase follas aos asistentes para que deixen os
seus datos personais para poder estar en contacto os participantes.
- Denuncia de que esta asamblea pode convertirse nun espazo de
interese político de ocupar unha cadeira no Concello.
-Necesidade da participación cidadá en termos políticos.
-Dulce. Políticas cercanas máis humanas.
- Necesidade de ilusión nesta marea e moitas gañas de traballar
dos que a conforman.
Dirixentes da marea ártabra deben prescindir de privilexios
políticos.
- Problemáticas dost traballadores e traballadoras da Arte en
Ferrol.Intento por parte dos grupos de traballo a realizar das problemáticas
cidadás.
-Listas abertas para elexir os candidatos.
Punto 2
A
continuación fíxose un pequeño debate na asamblea sobre a idoniedade ou non de
saíres desta asamblea cos grupos de traballo definidos.
A
maioría da asamblea decidiu que era demasiado prematuro.
A
partires de ahí definiuse
unha comisión de persoas que establecerá nos vindeiros días, despois da
asamblea, o día e orde do día da seguinte asamblea, marcará quen vai ser o
voceiro/a ata a seguinte asamblea e comezará a mover polos medios e redes
sociais a idea da Marea, para lograr que participe nela máis xente. Tamén
encargarase de facer unha base de datos cos datos das persoas participantes
nesta primeira asamblea. As dez persoas que arrancan esta comisión que durará
ata a vindeira asamblea, a realizar nun máximo de 15 días desde esta, son
promovidos por outras persoas da asamblea ou anótanse voluntariamente na
comisión.
Está
formada por cinco mulleres e cinco homes que terán en breve espazo de tempo
unha reunión para traballar no encomendado.
2
Outubro 2014
Marea
Ártabra


